STTAIRS reúne a seis organizacións de cinco países europeos, cada unha cun papel específico e complementario. Esta diversidade abarca desde a coordinación pedagóxica e o deseño curricular ata o desenvolvemento tecnolóxico e a conexión con redes educativas de toda Europa.
Organizacións
Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Coordina todo o proxecto e ten unha ampla experiencia na formación do profesorado.
Universitat Ramon Llull Fundació
Achega a súa experiencia académica no deseño pedagóxico dos contidos formativos sobre IA.
ESPAÑA
www.url.edu

Sveuciliste u Zagrebu Sveucilisni Racunski Centar (SRCE)
Lidera o desenvolvemento técnico da plataforma Moodle e a integración das ferramentas de IA.
CROACIA
www.srce.unizg.hr

Agrupamento de Escolas de Cister – CFAECAN
Contribúe coa súa experiencia na formación continua do profesorado e na validación dos materiais.
PORTUGAL
www.cfaecan.pt
European Schoolnet
Facilita a conexión con ministerios de educación e a difusión dos resultados a nivel europeo.
BÉLXICA
www.eun.org
Özel Anabilim Ortaokulu
Representa o sector escolar, probando as ferramentas de IA en contornas reais.
TURQUÍA
www.anabilim.k12.tr
